lunes, 20 de febrero de 2012

Poida que si que poida

Un traballo do Audiovisual As Barxas

Este ano unha vez máis os alumnos de cuarto da ESO en plástica, quixeron facer unha animación stop motion para o proxecto "somos comenius" do noso centro.

O mellor do vídeo comenius é que ten algo máis.... algo moi especial.. a MÚSICA,é unha música orixinal, made in Barxas, un RAP máxico ...do cal é responsable o noso profesor de música Seso Durán e o seu taller de artistas.

Por se isto fose pouco , a letra da canción en galego é do poeta Miguel Angel Alonso Diz membro do colectivo A Porta Verde do Sétimo Andar.

Como di Miguel, meu amigo poeta,

AS ESTRELAS ALIÑANSE NO CEO....
MÚSICA- IMAXE -POESÍA
E NÓS TEMOS A SORTE DE DISFRUTAR DELAS.



CRÉDITOS DO VIDEO :


Animación realizada polo alumnado de Educación plástica e visual de 4º da ESO do IES As Barxas, Moaña (Pontevedra).

Música orixinal escrita, gravada e producida no Obradoiro Músicasbarxas.

Letra en galego: Poida que si que poida, poema de Miguel Ángel Alonso Diz.

Letra en castelán: Sebe.

Letra en francés: Tradución do Departamento de francés do IES As Barxas.

Mcs por orde de aparición: Sowel, Jenni Cancelas, Seso, Sebe e Katrin Ballesteros.

2 comentarios: