Sábado, 11 de Febreiro de 2012
Dende as 21:00 ata as 0:00
C.S. Lume, Gregorio Espino, 55, Vigo, Spain
Prezados cidadáns e cidadás, Dende a casa irreal é moi grato para nós convidarvos á décima sesión da Hostia en Verso, o único recital de poesía que conta co visto e prace e apoio incondicional da Zarzuela. E por primeira vez desque ese fato de poetas levan argallando este...s recitais-combate que tanto nos enchen do consabiddo orgullo e satisfacción, podemos confirmar en RIGOROSA PRIMICIA que desta vez a honorable Casa irReal dignará o recital coa súa presenza. Logo das mentiras deitadas nos medios sobre a nosa humilde familia queremos someternos ao xuízo dos nosos súbditos como proba da nosa confianza nesta grande nación. É por iso que seguindo a transparencia da que normalmente facemos gala, tanto no noso quefacer diario como nas nosas vacacións en Mallorca, desta vez participaremos de forma activa neste combate, no que nos enfrontaremos a elementos subversivos e bolcheviques (si, deses que fan tremer os cimentos deste país) nun combate xusto no que o público poderá decidir a vitoria máis xusta. Os indesexables do pobo serán a coñecida avogada Ledicia Costas, que fará de Fiscal e Acusación popular Ledicia Costas (proximamente encausada no asunto Garzón polos seus procedementos alegais); Eduardo Estévez (coñecido e perigoso bolchevique, amigo do alleo e suposto asasino de Trotsky) e Bétula Alba (activista antisistema, radical, roxa e experta na confección de cócteles molotov e demais artefactos soviéticos). Dende a Casa Real irán na súa decorosa representación Don Iñaki Urdangarín Liaebert, Duque de Palma (que irá co pseudónimo de Daniel Landesa), a infanta Dona Cristina (baixo a personalidade de María N. Soutelo) e, por suposto, en representación máxima desta institución, Su Campechana Majestad Don Juan Carlos de Borbón, Rei d'Alén da Gudiña (na personalidade de Xose Daniel Costas Currás). Como condutoras da gala benéfica actuarán a cómica Lucía Aldao, que tomará parte cos seus chascarrillos do bando dos insurxentes (como non podía ser doutro xeito. Defendendo os intereses da Casa Real estará unha poeta de tradición e abolengo, María Lado, Marquesa das Terras Altas de Mallou e Grande da Costa da Morte. Agardámosvos a todas e todos o sábado 11 de febreiro no Centro Social Lume. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario