“O espazo é inusual, non porque non teña valor escénico, que o ten, senón porque non está sometido as condicións habituais dun teatro. […] Esa idea de colocar ao espectador noutra circunstancia con respecto a historia que se está contando é unha parte imprescindible da proposta. […] A proposta vai subliñando todas esas dificultades sobre as que os humanos fomos construíndo un tipo de cultura, que ...é a cultura do sufrimento, e que é a cultura de como cada un espera dos demais o que non espera dar. Nese aspecto é un triángulo enfermizo, e é un triángulo de poder, que utiliza o amor, ou a necesidade do amor, ou incluso a necesidade do desexo, para que uns personaxes vaian, alternativamente, impoñéndose aos outros. E, a partir de aí, non está na vocación da montaxe contar a novela de Dostoievski en absoluto, senón que está máis ben en sinalar aqueles momentos da novela no que a condición humana queda máis revelada, que son os momentos da relación entre eles. Deste xeito, a colocación da historia no centro de onde están sentados os espectadores axuda a que os espectadores estean máis cerca desa condición humana. E é verdade que ás veces o teatro pola distancia, e a pesar do seu combate dialéctico e escénico, sitúa a acción un pouco lonxe dos espectadores. […] Neste caso, e dado que é un combate moi humano, e que non hai razóns obxectivas para que os personaxes se comporten así (compórtanse así porque son así, porque son humanos), esa proximidade favorece moito a translación das intencións narrativas da obra. É dicir, en certo modo o espectador está pegado ao que lle sucede aos personaxes, está pegado a eles, está pegado aos seus detalles, e tamén está pegado aos comportamentos. […] O espectador ten que sentirse parte da circunstancia, porque a circunstancia é moi envolvente. E por ese lado a compañía desenvolvese ben, con moita soltura, e sen moito medo á proximidade. […] A obra non busca a comodidade da narración, senón que busca trasladar a complexidade de todos os sentimentos, e quizais dese comportamento que cando un sae de velo acaba por pensar que a especie humana é caprichosa e o seu comportamento non está sometido á razón, e eu creo que ese conflito (porqué suceden as cousas e porqué os humanos nos comportamos así, é poderíamos chegar á conclusión de que nos comportamos como idiotas), queda ben reflectido. […] Mónica de Nut é un dos acertos da montaxe. […] Non é un personaxe accesorio nin é un elemento gratuíto, nin decorativo: está introducindo ao espectador nos estados emocionais. […] Está suxerindo ao espectador como ten que colocarse emocionalmente ante o que vai suceder. E polo tanto é eficaz e é, seguramente, un dos activos da obra.”
(Camilo Franco, Diario Cultural - Radio Galega )
Proposta escénica a partir de textos da novela El Idiota de Dostoievski e música de Monteverdi, Bach, A. Carlos Gómes e J. Cage. Con Teté García, Alfredo Padilla, Xosé M. Esperante e Mónica de nut. Dramaturxia e dirección Carlos Álvarez Ossorio.
"Yo ya no existo, lo se. Sabe Dios quien habita mi cuerpo en vez de mi verdadera personalidad. Estoy harta; renuncio a este mundo..." fragmento de Mujer Muerta Caminando.
ENTRADAS:
ZONA C, Rúa San Domingos de Bonaval, 1
Santiago de Compostela
A Coruña
Tel.: 981 557 152
Video promocional: http://vimeo.com/32929750
Máis información: http:// www.camaranegra.org/ menu.htmVer máis
Proposta escénica a partir de textos da novela El Idiota de Dostoievski e música de Monteverdi, Bach, A. Carlos Gómes e J. Cage. Con Teté García, Alfredo Padilla, Xosé M. Esperante e Mónica de nut. Dramaturxia e dirección Carlos Álvarez Ossorio.
"Yo ya no existo, lo se. Sabe Dios quien habita mi cuerpo en vez de mi verdadera personalidad. Estoy harta; renuncio a este mundo..." fragmento de Mujer Muerta Caminando.
ENTRADAS:
ZONA C, Rúa San Domingos de Bonaval, 1
Santiago de Compostela
A Coruña
Tel.: 981 557 152
Video promocional: http://vimeo.com/32929750
Máis información: http://
O teléfono da Zona "C" está erróneo. O correcto é 981 574 152. Grazas!
ResponderEliminarGrazas a vós!! :)
Eliminar